Publicacións

WebQuest

Para realizar a nosa WebQuest empregamos google sites, esta aplicación pareceunos moi útil e intuitiva. Ofrece moitas opcións e compatibilidade co resto de aplicacións de google, coma google docs, esto facilitounos o traballo á hora de enlazar documentos e enlazar a rúbrica.  É unha aplicación gratuita que dispón da opción de traballar en liña coas compañeiras do grupo, o cal facilitounos a edición, xa que todas veamos todo en todo momento, isto é moi útil para corrixir erros e compartir ideas.  Deixo o enlace á nosa WebQuest a continuación para que a podados ver e utilizala coma exemplo para crear a vosa, moita sorte! https://sites.google.com/view/historia-e-galego 

Wordwall

Imaxe
Wordwall é unha ferramenta para crear actividades interactivas e moi vistosas. Esta aplicación destaca pola sinxeleza á hora de facer as actividades. Outra das vantaxas que se poden observar é que unha vez creada a actividade pódese cambiar a unha plantilla diferente cun só clic, o que axuda a aforrar tempo. Ademais, se se atopa unha actividade creada por outro usuario que non é totalmente adecuada, pode personalizarse. Outra característica de Wordwall é que todas as actividades creadas poden ser impresas. A pesares de ser unha ferramenta tan útil e sinxela, podemos atopar dous fallos. Primeiro, nela temos a posibilidade de subir fotos, tanto de internet como da nosa propia galería, sen embargo, non é posible subir sons nin vídeos. E por último, no formato gratuíto só se poden crear un máximo de 5 recursos.  Esta actividade foi creada para alumnos e alumnas de 2º de Educación Primaria. Trátase dunha serie de preguntas tipo test sobre os instrumentos e os bailes populares de Galicia. Es

Educaplay

Esta aplicación pareceunos moi útil e foi fácil de usar, xa que posúe tutorales dentro da propia páxina, os cales explican como crear cada tipo de exercicio. Nós creamos un crucigrama para nenos e nenas de 3º de primaria sobre o entroido, centrándonos no triángulo mágico: Verín, Xinzo e Laza, nel aparecen distintas definicións e imaxes para poder adiviñar as palabras correspondentes. Esta actividade está deseñada para as asignaturas de galego e historia, debido ao idioma na que se atopa e a información que trata. Animámosvos a empregar esta aplicación, para nós foi un gran descubrimento que moi seguro que empregaremos como futuros docentes de primaria, tamén vos animamos a ver a actividade que creamos e a que nos comentes que vos parece. 

Reflexión sobre Symbaloo

  Symbaloo é unha ferramenta moi útil para almacenar todas as túas páxinas de interese, ou as que máis empregues, nunha mesma páxina, permitindo acceder a elas dunha maneira rápida e sinxela. Unhas das características que se poden resaltar de Symbaloo é que supón unha forma de aforrar tempo á hora de buscar, e como resultado final queda unha webmix moi visual e atractiva.

REA

  REA: Recursos Educativos Abertos Este tipo de recursos parécenos moi interesantes e útiles xa que axudan aos mestres e mestras á hora de dar clase e de innovar, así como poder favorecer o aprendizaxe dos alumnos e alumnas. Ter acceso a contenidos tan variados facilitan a labor dos mestres e mestras xa que poden empregar estes recursos sen ter que estar creando continuamente novos exercicios ou dinámicas, ademáis pode servirlles como fonte de inspiración para novos traballos. Para o alumnado supón un adianto e un novo xeito de aprender, xa sexa mediante vídeos, xogos, actividades interactivas... Por outra parte, o feito de que as clases sexan dinámicas favorece que presten atención e que se sintan motivados e non cohibidos.

Reflexión sobre as NNTT

Aprenden mellor os/as nenos/as cas NNTT? Si, xa que estas fan que o aprendizaxe sexa máis dinámico e interactivo,    mellorando a súa concentración na tarefa. Ademais, o uso das NNTT pode facer que o proceso de aprendizaxe lles resulte máis divertido e entretido. Faite mellor ou peor profesor o uso das NNTT? Dende o noso punto de vista axudan ao profesor a levar a cabo o seu traballo e facer as clases máis amenas. Como crees que as vas a empregar na túa aula o día de mañá? Para levar a cabo actividades interactivas; facilitar a explicación dos contidos a tavés de presentacións, videos... co obxectivo de chamar a atención dos/das nenos/as; para a entrega de tarefas; como medio de contacto co profesor/profesora en caso de dúbidas; etc. As NNTT como medio ou como fin? Pensamos que son un medio a través do que os nenos e nenas aprenden o necesario. Pero por outra parte, creemos que hoxe en día é moi importante saber dominar as NNTT, polo que, aínda que de forma indirecta, tamén son un fin.

Jaira Fernández

Imaxe
  Ola! Eu son Jaira. Actualmente estou estudando 1º do Grao de Educación Primaria na UVigo no campus de Ourense. O motivo polo cal me gustaría exercer como mestra nun futuro é porque durante os anos que impartín clases de música aos nenos e nenas nunha escola de música, dinme conta do bonito que é velos crecer ao teu carón desde ben pequenos. A historia sempre me resultou moi interesante xa que nos permite coñecer o pasado para entender o presente e proxectarnos ao futuro. Ao ser habitante de Galicia, paréceme moi importante coñecer o noso patrimonio cultural, xa que todos nos sentimos identificados coa nosa aldea. O patrimonio cultural vincula á xente coa historia e permítenos sentirnos parte dela. A relación que  manteño coas tecnoloxías é moi boa, xa que forman parte do meu día a día e estou moi familiarizada con elas, tanto no ambiente académico como para o ocio. Polo motivo de que estean tan presentes no noso día a día e ao alcance de calquera persoa, penso que debemos acostumarno